
07 Mai O conselleiro de Economía, Emprego e Industria considera a loxística como chave do futuro para o comercio galego
Posted at 13:54h
in Novas do sector
7 de maio 2020
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria considera a loxística como chave do futuro para o comercio galego
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou nun webinar coa Federación Galega de Comercio e con diferentes asociacións do sector. Na sesión se evaluou a situación actual do comercio e as chaves que vai necesitar Galicia para afrontar o futuro con garantías. No desenvolvemento do mesmo, o propio conselleiro foi o que destacou o papel da loxística, e concretamente a de proximidade, como fundamental para o porvenir do comercio galego.