
22 Abr A empresa Jevaso, asociada ao Clúster da Función Loxística de Galicia, alíase coa Xunta para a confección e distribución de material de protección
Posted at 08:30h
in Novas do Clúster
22 de abril 2020
A empresa Jevaso, asociada ao Clúster da Función Loxística de Galicia, alíase coa Xunta para a confección e distribución de material de protección
A empresa de confección, etiquetado e distribución de produtos téxtiles Jevaso, asociada en condición de socio fundador do Clúster da Función Loxística de Galicia, acordou unha alianza coa Xunta de Galicia para a distribución de mascarillas, guantes e outros materiais de protección pola Comunidade Autónoma dende a súa nave de Arteixo.
A empresa, con máis de 40 anos de experiencia, non só distribúe, senón que tamén fabrica equipamento e deixouse a disposición da Xunta para calquera colaboración posible.