
13 Abr A Xunta publica unha guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus
Posted at 13:54h
in Novas do sector
13 de abril 2020
A Xunta publica unha guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus
A Xunta de Galicia anunciou a elaboración dunha guía de recomendacións preventivas en materia de saúde laboral ante o coronavirus. A guía elaborouse de cara a orientar ás empresas que a partir da presente semana retoman a súa actividade presencial, co obxectivo de garantir a seguridade dos traballadores e establecer un marco de actuación claro e transparente.