O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo clarifica que aquelas actividades chave no cumprimento de contratos internacionais poderán seguir actuando en servizos mínimos

31 de marzo 2020

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo clarifica que aquelas actividades chave no cumprimento de contratos internacionais poderán seguir actuando en servizos mínimos

Tras a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) do Real Decreto-Lei 10/2020, de 29 de marzo, polo que se regula o permiso retríbuido recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que no presten servizos esenciais, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo circulou unha nota interpretativa para as empresas afectadas. Así, esclareceuse que, con motivo do cumprimento de compromisos de contratos internacionais ou de abastecemento, as empresas poderán continuar aquelas actividades mínimas e básicas, exceptuándoselles o endurecemento do estado de alarma nacional.