O Clúster da Función Loxística de Galicia participa nunha reunión de Clústers coa Xunta onde se detallaron as liñas de financiamento a pemes e autónomos con motivo da emerxencia sanitaria

30 de marzo 2020

O Clúster da Función Loxística de Galicia participa nunha reunión de Clústers coa Xunta onde se detallaron as liñas de financiamento a pemes e autónomos con motivo da emerxencia sanitaria

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia con representantes dos clusters galegos, onde tivo representación o Clúster da Función Loxística de Galicia, co obxectivo de trasladar, de primeira man, as medidas en materia laboral e empresarial que a Xunta está adoptando con motivo do estado de alarma decretado polo coronavirus.

No encontro explicáronse os detalles da nova liña de financiamento aprobada para inxectar liquidez inmediata a pemes e autónomos. Unha liña que estará dotada de preto de 30M€ para permitir a mobilización de 250 millóns de euros en préstamos que contribuirán a paliar os efectos do coronavirus no tecido empresarial galego.

Ler máis