A Función Loxística galega demostra a súa flexibilidade e capacidade ante os retos loxísticos provocados polo Covid-19

  • A reorganización dos procesos e coordinación entre sectores e co Goberno Galego está a posibilitar unha rápida resposta á alta demanda de produtos esenciais e de alimentación durante esta crise.
  • Intensifícanse as medidas de seguridade das persoas traballadoras do sector loxístico para protexelas do coronavirus.
  • Xunta de Galicia e o Clúster da Función Loxística de Galicia reúnense semanalmente xunto con todos os Clústeres Estratéxicos para facer un seguimento da situación.

A función loxística das empresas sen dúbida foi afectada de xeito moi directo polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, que decreta o estado de alarma en España. Pero a crise do Covid-19 pode sen dúbida contar coas capacidades loxísticas das empresas galegas, e en xeral coa cadea de subministro para superar esta emerxencia sanitaria.

A loxística é un eslavón da cadea de valor para os sectores de Galicia, involucrando por tanto non só aos operadores loxísticos senón tamén a aquelas empresas nas cales a loxística ten un peso relevante, pudendo ser empresas de actividades tales como a automoción, téxtil, alimentación, madeira, pesca, distribución comercial, etc.

O sector loxístico en Galicia continúa traballando, demostrando a súa capacidade de flexibilidade para adaptarse a este novo contexto temporal determinado polas restricións a outros sectores. No comercio internacional tomáronse medidas que afectan á libre circulación de persoas, pero o peche de fronteiras non afecta ao transporte e loxística de mercancías, e non se contempla que se produza esta circunstancia a día de hoxe.

Xoán Martínez, presidente do Clúster da Función Loxística de Galicia traslada que, actualmente dende un punto de vista da loxística alimentaria e sanitaria, e a de outros bens de primeira necesidade, o subministro está garantido. “A loxística en colaboración con outros sectores estamos a reaccionar, organizar e priorizar os procesos para atender durante estas semanas á alta demanda dos produtos principais. En Galicia hai máis de 12 000 empresas do segmento loxístico traballando para asegurar unha distribución que dea resposta á capacidade produtiva dos sectores estratéxicos para esta crise como o de equipamentos e produtos sanitarios ou o de alimentación. A profesionalidade e implicación dos profesionais involucrados está sendo clave e exemplar”.

O momento actual esixe extremar as medidas de prevención para protexer de coronavirus aos máis de 50 000 traballadores que actualmente desenvolven funcións loxísticas en Galicia. A pesar da escaseza de material sanitario, as empresas están a intensificar a seguridade, e se publicaron e divulgaron guías que axudan a asegurar que estes protocolos implantan. Na medida do posible, determinados operadores loxísticos están a facilitar o traballo a distancia nalgúns traballadores.

Dende o Clúster da Función Loxística de Galicia estanse a realizar reunións semanais con Igape e o resto de clústeres para identificar necesidades, anticiparse e propor solucións. O presidente do Clúster recalca que “dende a nosa constitución, a mediados de 2019, estamos a traballar por optimizar a función loxística de Galicia a través da innovación colaborativa, favorecendo o desenvolvemento tecnolóxico ou mellorando a capacitación, todo iso é neste momento chave para afrontar unha situación que esixe unha xestión integral das cadeas de subministro en tempo real”.

Gracias á colaboración que os sectores estratéxicos estamos tendo co goberno galego estamos convencidos de que ao longo das próximas semanas iranse implantando novas medidas e solucións que aseguren manter o correcto funcionamento das cadeas de subministro para favorecer o abastecemento das empresas e particulares e para garantir a súa seguridade.