
18 Mar O Grupo Nova Pescanova e Bionix Solutions S.L. convértense en novos membros do Clúster da Función Loxística de Galicia
Posted at 13:54h
in Novas do Clúster
18 de marzo 2020
O Grupo Nova Pescanova e Bionix Solutions S.L. convértense en novos membros do Clúster da Función Loxística de Galicia
O Clúster da Función Loxística de Galicia anuncia a adhesión ao equipo das empresas Bionix Solutions S.L. e o Grupo Nova Pescanova. Ambas empresas finalizaron satisfactoriamente os trámites de adhesión e se incorporan con efecto inmediato para participar nas vindeiras reunións dos grupos de traballo. A súa presentación oficial levarase a cabo na próxima asamblea xeral, coa presenza de todas as empresas asociadas.