
28 Feb Primeira reunión da comisión encargada do posicionamento estratéxico de Galicia
Posted at 13:54h
in Novas do Clúster
27 de febreiro 2020
Primeira reunión da comisión encargada do posicionamento estratéxico de Galicia
Comezou a actividade do Clúster en relación ao posicionamento estratéxico de Galicia. O grupo de traballo encargado celebrou o seu primeiro encontro para sentar as bases de actuacións de cara a este ano, poñendo como principal obxectivo asumir o liderado do Polo Atlántico, conformado polas fachadas atlánticas de Galicia, Portugal e Marrocos.