Conformase un grupo de traballo sobre transformación da loxística da empresa e comercio electrónico

27 de febreiro 2020

Confórmase un grupo de traballo sobre transformación da loxística da empresa e comercio electrónico

O Clúster da Función Loxística de Galicia deu un paso máis na súa implantación no sector loxístico da Comunidade, iniciando o traballo en diferentes grupos especializados. Un deles relativo á transformación loxística da empresa e o comercio electrónico, onde tratarán de dar resposta ás principais cuestións relativas á loxística das empresas galegas, os seus desafíos e á adaptación ao comercio electrónico.