Cara a unha Galicia máis competitiva a través da loxística

19 de decembro 2019

Cara a unha Galicia máis competitiva a través da loxística

A organización da provisión e o transporte de mercadorías a nivel mundial afronta na actualidade unha revolución impulsada polo proceso de internacionalización da economía e pola irrupción das tecnoloxías emerxentes. A adaptación ao comercio electrónico, a automatización e robotización, Internet das cousas e big data, as formas de xestión baseadas na colaboración, a redefinición da cadea de subministración, a externalización cara a provedores de proximidade, a redución de prazos e a sustentabilidade e a concentración, ademais da internacionalización, son as tendencias globais ás que se enfronta a loxística hoxe en día.
Ler máis