
11 Dec Aberto o proceso de selección para a xerencia do Cluster da Función Loxística de Galicia
Posted at 13:54h
in Novas do Clúster
10 de decembro 2019
Aberto o proceso de selección para a xerencia do Cluster da Función Loxística de Galicia
En dependencia directa da Presidencia do Cluster o xerente será o encargado de deseñar, executar e facer un seguimento dos programas estratéxicos do Cluster da Función Loxística de Galicia.
Funcións principais:
- Exercer a dirección dos servizos e actividades que son obxecto do Clúster
- Exercer a dinamización e control dos proxectos e actividades do Clúster e informar á Xunta Directiva do nivel de realización dos mesmos, dos gastos e necesidades materiais, humanas e económicas
- Elaborar o plan de actuación e as contas anuais do Clúster e presentalos á Xunta Directiva para a súa aprobación dentro dos prazos legalmente establecidos.
- Exercer a xestión económico-financeira do Clúster incluída a xestión da tesourería, e as xustificacións de convocatorias e axudas necesarias, sen prexuízo das competencias de control e inspección propias da Xunta Directiva e resto de órganos de goberno.
- Informar á Xunta Directiva da marcha da empresa e solicitar da mesma autorización para aqueles actos que así o requiran.
- Preparar os asuntos para tratar polos distintos órganos reitores do Cluster.
- Asistir ás reunións dos órganos reitores do Cluster
- Velar polo correcto cumprimento dos acordos, convenios e programas dos que forman parte o Cluster.
As persoas interesadas deberán remitir a rrhh@eosa.com o currículo e aquela documentación que permita a valoración de todos aqueles aspectos que reforcen a candidatura en relación aos apartados expostos.