Clúster da Función Loxística de Galicia

Potenciando a Loxística Integral en Galicia

O Clúster da Función Loxística de Galicia nace do interese compartido do tecido empresarial galego pola loxística integral. Baixo o lema “todo é loxística”, o clúster enfócase en analizar e reflexionar de forma continua sobre as tendencias do sector, establecendo diálogos cos principais axentes co obxectivo de mellorar, optimizar e potenciar as diversas actividades asociadas á loxística das empresas galegas.

Partindo deste interese común, no Clúster traballamos en:

Innovación

Promovendo directamente ou apoiando aos nosos socios no impulso de proxectos innovadores que axuden á mellora competitiva e ao maior coñecemento especializado nas empresas.

Internacionalización

Promocionando Galicia en espazos internacionais a través da participación en feiras e misións comerciais ao tempo que damos apoio aos nosos asociados no desenvolvemento destas accións.

Formación

Con programas formativos especializados para facilitar aos nosos socios a formación e reciclaxe dos seus empregados así como a incorporación de novo talento ao sector.

Representatividade

Defendendo ao conxunto da cadea de valor loxística, cunha perspectiva global e rigorosa, traballando por cuestións tan relevantes como o desenvolvemento ferroviario, a modernización do transporte por estrada ou a competitividade territorial.

Eixes estratéxicos de traballo:

Distribución urbana de mercadorías

Facendo seguimento das normativas relacionadas e mantendo un contacto propositivo cos principais axentes públicos e privados involucrados.

Análise de información relevante

Aproveitando os datos accesibles ao noso redor para xerar novo coñecemento que nos permita identificar oportunidades e mellorar a competitividade.

Promoción internacional

Para facer Galicia coñecida no mapanacioanl e internacional loxístico.

Infraestruturas

Defendendo a necesidade dunhas infraestruturas competitivas que aproveiten a nosa pertenza ao Corredor Atlántico Europeo para conectarnos mellor por terra mar e aire.

Atracción investimento

Facilitando a incorporación de nova industria con compoñente loxístico relevante ao tecido empresarial galego.

Dixitalización e automatización

Como pezas clave da mellora no desempeño das nosas empresas e traballadores.

En resumo, o Clúster da Función Loxística de Galicia traballa incansablemente para fomentar a inovación, avanzar cara á loxística 4.0, mellorar as infraestruturas, fortalecer o talento, contribuír á lideranza do Polo Atlántico e potenciar a internacionalización e presenza estratéxica de Galicia no ámbito loxístico.

Se tes unha empresa ou es profesional do sector loxístico en Galicia, convidámoste a unirte ao noso clúster e formar parte dunha comunidade comprometida co crecemento e a excelencia na loxística.